Monday 29 de April de 2024

O Concello lanza unha nova edición de Nocturnia adaptada ás medidas de seguridade sanitarias


As inscricións para estas actividades de ocio saudable que ofrece o Servizo de Mocidade da Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación ábrense hoxe ás 16.00 h a través da web municipal do CMIX.
A Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación, a través do Servizo de Mocidade, lanza hoxe unha nova edición do programa de ocio saudable Nocturnia. A programación deste ano está adaptada ás
medidas de seguridade sanitarias recomendadas para eviar a propagación da COVID-19.
Nocturnia, que recibe financiación do Ministerio de Sanidade e Benestar Social, ofrece unha serie de actividades gratuítas para que a xente moza de 12 a 30 anos as teña en conta á hora de planificar as súas fins de semana. A concelleira Yoya Neira asegura que o Goberno local está “reforzando a coordinación de todos os servizos e programas municipais relacionados coa mocidade”.
O Servizo Municipal de Mocidade abrirá hoxe ás 16.00 h as inscricións para a primeira semana de actividades na web municipal do CMIX https://bit.ly/3e2lTJc até o xoves día 9 de xullo ás 12.00 h. No caso de esgotárense as prazas dispoñibles antes desa data, procederanse a pechar as inscricións.
A programación desta edición de Nocturnia conta con actividades como surf, pádel surf, patinaxe, piragüismo, escalada, roteiros organizados a diferentes paraxes da provincia da Coruña como o Camiño de Camelle, a costa das Illas Sisargas ou o Monte Louro, e obradoiros de fotografía, estampación natural, cómic ou collaxe, entre oturas.

Os mozos e mozas que participen nestas actividades estarán obrigados a utilizar máscara e deberán aceptar as condicións de participación no programa, que se porán en coñecemento de cada participante. Ademais, é importante que as e os participantes lembren levar o seu DNI ás distintas actividades.
Toda a información sobre este programa pódese consultar na páxina web do CMIX https://bit.ly/3e2lTJc e na páxina web de Participación.